Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

órbita terrestre baixa

Órbita de satélites cunha altitude menor a 2000 km, aínda que na práctica se toma entre os 160 e os 2000 km sobre a superficie terrestre dada a rápida caída orbital dun obxecto por debaixo desa altura.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo: 
Información complementaria: 
Estas órbitas quedan situadas entre a atmosfera e o cinto de radiación de Van Allen. Dado que estas órbitas non son xeosíncronas, requírese dunha rede de satélites para subministrar cobertura continua. Os satélites dispostos nunha órbita terrestre baixa viaxan a preto de 27400 km/h e dan unha volta á Terra cada 90 minutos. A órbita terrestre baixa emprégase para aplicacións de comunicacións dada a baixa potencia requirida polos transmisores. O lixo espacial está a provocar unha rápida conxestión destas órbitas.
Ver tamén: 
órbita; órbita terrestre media; órbita terrestre ecuatorial baixa; órbita xeosíncrona; satélite artificial
Traducions
Tradución portugués: 
órbita terrestre baixa
Tradución castelán: 
órbita baja terrestre
Tradución francés: 
basse orbite terrestre; orbite terrestre basse
Tradución italiano: 
orbita terrestre bassa
Tradución inglés: 
Low Earth Orbit; LEO